Textil, madeira e automoción, maiores crecementos da industria de Galicia
Incremento anual da produción industrial galega do 1,8%. Por sectores, destacan o de confección de roupa, cun crecemento do 18,9% o da industria da madeira, cun 17,9%, e o da automoción, cun incremento do 6,2%.
08 de febrero de 2018 (19:17 h.)
Galicia pechou 2017 cun incremento anual da produción industrial do 1,8%. Para este crecemento industrial cabe sinalar a importancia das exportacións, cun crecemento do 7,8%, datos do mes de novembro de 2017. O paro no sector industrial descendeu un 14% a peche de 2017 sendo o sector que creou máis emprego cun crecemento do 4,71%.
Por sectores, destacan o de confección de roupa, cun crecemento do 18,9% o da industria da madeira, cun 17,9%, e o da automoción, cun incremento do 6,2%.