viernes, 22 de noviembre de 2024 09:35h.

Convocado un premio ao mellor proxecto innovador no sector forestal

O premio quere incentivar a emprendedores de estudos de enxeñería forestal ou formación profesional para que podan desenvolver os seus proxectos relacionados co sector forestal.

forestal_galicia
Sector forestal / Pixabay

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía convoca a primeira edición deste premio para incentivar a innovación no sector forestal galego.

A súa orixe está na na Mesa Forestal, da que tamén forman parte o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo, a Escola de Formación  e Experimentación  Agroforestal de Lourizán, o Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMG), a Asociación Forestal Galega e a empresa Ence.

O premio quere incentivar a emprendedores de estudios de enxeñería forestal ou formación profesional para que podan desenvolver os seus proxectos relacionados co sector forestal.

A dotación de premio é de 5.000 euros, o acceso ao coworking de Porto do Molle, promovido pola Xunta e o Consorcio da Zona Franca de Vigo e liñas de financiamento de Xesgalicia. Tamén existe a posibilidade de concesión dun accésit de 2.000 euros.

O xurado está formado por representantes das entidades da Mesa Forestal e valorará os proxectos en función destes catro criterios.: orixinalidade e carácter distintivo, creación de valor tanxible dende unha perspectiva económica, medioambiental, social, mellora da calidade de vida das persoas, escalabilidade e sostenibilidade e por último, valor comunicacional, permeabilidade e potencial de difusión da innovación.

O prazo remata o 16 de outubro.  A notificación dos gañadores e ceremonia de entrega dos premios celebrarase o próximo 30 de novembro.