JOINTS 4.0 desenvolve novas tecnoloxías de fabricación de compoñentes de transmisión para automoción.
A unidade mixta de GKN Driveline e Aimen ten como obxectivo desenvolver novas tecnoloxías para a fabricación de compoñentes de transmisión para automoción.
JOINTS 4.0 é una unidade mixta creada en 2015 pola multinacional GKN Driveline, líder mundial en enxeñaría de tecnoloxías de transmisión para automoción, e o centro tecnolóxico galego Aimen.
O pasado 18 de setembro Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), visitou a planta de GKN Driveline en Vigo para coñecer os avances do proxecto. Estivo acompañada do director de GKN Driveline, Juan Antonio Lloves, e do xerente de Aimen, Jesús Lago.
O proxecto ten como obxectivo desenvolver novas tecnoloxías para a fabricación sostible e de alto rendemento de compoñentes de transmisión para a industria da automoción, con aplicación a medio-longo prazo a outros sectores industriais. Conta cun orzamento de 2.785.500 euros dos que un 30% proceden de fondos públicos da Xunta de Galicia
O proxecto ten como obxetivo mellorar os procesos de indución e mecanizado, e aumentar en máis dun 5% a súa produtividade.
Unidades Mixtas de Investigación
As unidades mixtas de investigación son centros de innovación mixtos, formados por grandes empresas e centros de coñecemento, que teñen como obxectivo dinamizar iniciativas innovadoras de vangarda, impulsar a competitividade do tecido empresarial e xerar empregos cualificados.
O número de Unidades Mixtas de Investigación impulsadas pola Xunta de Galicia dende 2014, é de 24, oito delas vencelladas o setor da automoción. A inversión é de 84 millóns de euros cunha aportación de fondos públicos de 23 millóns. En próximas datas resolverase unha nova convocatoria.