O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías obtén a acreditación María de Maeztu
O recoñecemento foi otorgado pola Axencia Estatal de Investigación, nun acto presidido pola secretaria de Estado de I+D+i.
19 de septiembre de 2017 (19:35 h.)
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), dependente da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia, obtivo a acreditación María de Maetzu, distinción á investigación científica de excelencia en España.
O recoñecemento foi otorgado en Madrid o pasado 18 de setembro pola Axencia Estatal de Investigación, organismo dependente do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.
O acto de recoñecemento foi presidido pola secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela e tamén contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.