viernes, 22 de noviembre de 2024 09:35h.

Novo proxecto de saneamento para Ferrol

Convenio de colaboración entre Xunta de Galicia e Concello de Ferrol para o saneamento da enseada da Malata, unha infraestrutura crave no saneamento da ría.

saneamento_ferrol
Acto de firma con Beatriz Mato e Jorge Suárez / Xunta de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, asinaron o 18 de setembro un convenio de colaboración para o saneamento da enseada da Malata, unha infraestrutura crave no saneamento da ría de Ferrol.

Esta nova infraestrutura evitará os vertidos sen depurar á ría de Ferrol, que están a producir un gran deterioro medioambiental. O proxecto terá un orzamento de 7 millóns de euros .

A nova infraestrutura constará de:

  • Un tanque de tormentas na zona de A Malata, cun volume útil de 1.500 m3.
  • Un tanque de tormentas cun volume útil de 500 m3.
  • Unha nova estrutura de regulación que controlará o caudal da marxe Este.
  • Unha nova rede de cinco coletores.

Tamén se remodelará o bombeo existente na zona da Cabana.

Estas infraestruturas están proxectadas para dar servizo a preto de 15.000 habitantes.

Proxecto global de saneamento

Forma parte dun proxecto global de saneamento da Xunta de Galicia..

Nunha primeira fase fíxose a construción da nova estación depuradora de Cabo Prioriño, un emisario submarino e un emisario terrestre para o transporte das augas residuais.

Na segunda fase estase a renovar a rede de interceptores xerais, a construción de novos colectores, a renovación dos xa existentes e novos tanques de tormentas.

Na marxe sur, na que se atopan os concellos de Ares, Fene e Mugardos, os traballos incluíron a execución dunha nova estación depuradora en Punta Avarenta e unha extensa rede de colectores xerais para os tres concellos.