O sector naval busca oportunidades de negocio en Rusia
Nunha misión comercial organizada por Aclunaga e a Cámara de Comercio da Coruña. As empresas participan na feira Neva e visitan varios estaleiros rusos.
Un total de trece empresas galegas do sector naval participan en San Petersburgo na feira internacional Neva na procura de oportunidades de negocio no mercado ruso e alianzas con empresas locales.
A misión comercial, organizada polo clúster galego do sector naval, Aclunaga, e a Cámara de Comercio da Coruña, durará toda esta semana. Ademais de participar na feira Neva, especializada na construción naval e na navegación, tamén visitarán varios estaleiros locais.
O sector naval en Galicia segue crecendo e obtendo carga de traballo. Case a metade dos contratos obtidos en España na primeira metade de ano son para estaleiros galegos.
A misión conta coa presencia de Juan Cividanes, director xeral do Igape e de Óscar Gómez, director xeral de ACLUNAGA.