Oriol Sarmiento, novo presidente do CGES
O novo presidente do Consello Galego de Enxeñerías (CGES) é decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), enxeñeiro da empresa ELINSA é editor da revista galega de enerxía, Dínamo Técnica.
O Consello Galego de Enxeñerías, entidade que agrupa aos colexios profesionais de enxeñeiros de Galicia, elexiu novo presidente na Asemblea Extraordinaria que celebrou en A Coruña o pasado mes de xaneiro. Trátase do decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento.
O novo presidente do CGES é decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) desde o ano 2014. Traballa como enxeñeiro da empresa ELINSA, de instalacións eléctricas e fabricación de cadros eléctricos e de electrónica de potencia. Ademáis é editor da revista galega de enerxía, Dínamo Técnica, referencia entre as publicacións técnicas de Galicia.
Entre os obxectivos principais que se marca están o de “aumentar a visibilidade do Consello como voz única dos enxeñeiros galegos” perante a sociedade e “poñer en valor os enxeñeiros como un dos grandes activos da Galicia”.
Outra liña de traballo que se quere potenciar no Consello Galego de Enxeñerías é o de fomentar a vocación polo estudio das enxeñerías, para evitar un importante déficit destes profesionais en poucos anos.
Nas súas primeiras palabras agradeceu o labor de Ricardo Babío, decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, como antecesor na presidencia. Babío continúa como vicepresidente na dirección do CGES, e o decano do Colexio de Agrónomos, Pedro Calaza, continúa como secretario do CGES.
O Consello Galego de Enxeñerías agrupa aos colexios profesionais de Camiños, Industriais, Agrónomos, Telecomunicacións, Minas, ICAI, Navais e Montes.